Finaliza en Lampón a primeira rolda de encontros veciñais do programa “Un café co alcalde”

01 Xullo 2026

O Concello de Boiro finaliza en Lampón primeira rolda de encontros veciñais nas parroquias no marco do programa Un café co alcalde nos que o rexedor, José Ramón Romero, acompañado dos demais membros do Goberno local, atenderon as principais demandas da veciñanza de cada núcleo.

O alcalde puxo en valor en Lampón as melloras realizadas en núcleos rurais como San Mauro ou e tamén explicou as actuacións previstas como son o pavimentado de dúas rúas que dan acceso ao Porto.

Ademais de explicar os proxectos realizados e aqueles que está previsto se leven a cabo nos vindeiros meses, durante estes encontros o alcalde e demais membros do Goberno tomaron nota das principais demandas e suxestións formuladas pola veciñanza para próximas actuacións.

Estes encontros teñen como finalidade ter un contacto máis directo coa veciñanza e darlles a oportunidade de trasladaren as súas peticións e demandas sen necesidade de ter que desprazarse ao Concello, complementando así as xuntanzas particulares que se manteñen cos veciños a veciñas que o solicitan.

Outros artigos

A Casa RIA celebra en Santiago o seu segundo aniversario

A sede da Casa RIA en Santiago acolleu este 1 de xullo pola tarde a celebración do segundo aniversario da materialización desta sede na rúa Virxe da Cerca, sede da Fundación RIA: entidade envorcada en reivindicar a tradición arquitectónica, produtiva, social, cultural...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...