Comeza o Campamento Concilia de Verán do Concello de Boiro con 220 participantes repartidos nas catros sedes

01 Xullo 2026

O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Ensino, Carmen Silva, visitaron na mañá deste 1 de xullo o Campamento Concilia de Verán 2026 do Concello de Boiro que deu comezo este mércores en catro sedes distintas.

Participan este ano un total de 220 nenos e nenas repartidos nos centros de Boiro, Abanqueiro, Cabo e Cespón. O campamento desenvolvese entre o 1 de xullo e o 28 de agosto para rapazada de entre 3 e 12 anos. “Este campamento é un recurso lúdico e de conciliación para as familias durante a época estival que ofrece unha alternativa con horarios adaptados á necesidades de cada familia”, afirmou o alcalde.

Os participantes realizan actividades baseadas en técnicas de intervención participativas e activas con enfoques non sexistas, con actividades planificadas segundo as idades e necesidades socioeducativas. “Durante o verán os nenos e nenas van poder desfrutar de actividades lúdicas e de convivencia contribuíndo á aprendizaxe e ao benestar”, recoñeceu a concelleira Carmen Silva.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.