O Mercado Municipal de Boiro contará cunha aula gastronómica

30 Xuño 2026

O Concello de Boiro vai levar a cabo unha aula gastronómica no Mercado Municipal de Boiro mediante unha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración par ao impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo; presentaron este martes 30 de xuño o proxecto xunto do director xeral de Comercio, Gabriel Alén.

As actuacións que se pretenden levar a cabo buscan equipar o espazo multiusos anexo ao Mercado Municipal cunha cociña híbrida que permita realizar funcións de obradoiro de transformación, cociña formativa e eventos gastronómicos abertos á cidadanía. Ademais, vaise habilitar unha sala para xuntanzas e actividades.

Nunha primeira fase vaise dotar o espazo do equipamento principal, adaptando o espazo para realizar unha diversidade de actividades como cursos formativos, transformación e conserva de alimentos, actividades divulgativas e promocionais, mercadiños de produtos distinguidos ou eventos de demostracións e de exaltación da gastronomía local.

O total do proxecto que se pretende executar ascende aos 493.811,06 euros para o que o Concello de Boiro recibe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración unha subvención por importe de 251.052,23 euros.

Outros artigos

A Casa RIA celebra en Santiago o seu segundo aniversario

A sede da Casa RIA en Santiago acolleu este 1 de xullo pola tarde a celebración do segundo aniversario da materialización desta sede na rúa Virxe da Cerca, sede da Fundación RIA: entidade envorcada en reivindicar a tradición arquitectónica, produtiva, social, cultural...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...