Naturgy fará labores de mantemento o día 9 na zona de Artes, Deán Pequeno e Xarás en Ribeira

04 Xuño 2020

A empresa eléctrica Naturgy comunicou a posibilidade de cortes de subministro o vindeiro martes 9 de xuño, debido aos labores programados de mantemento e desenvolvemento da súa rede en Ribeira. Estes traballos, sinala a operadora, son “precisos para poder atender nas mellores condicións posíbeis as necesidades de subministro da zona”. Os cortes concentraríanse o día 9 entre as 3.30 e as 7.30 horas. Naturgy anuncia que deixará fóra de servizo unha serie de instalacións, “o cal podería provocar interrupcións no subministro de electricidade durante o dito intervalo de tempo”.

As infraestruturas sometidas a descargo afectan aos seguintes lugares ou rúas: Artes (Xarás e San Xulián – Outeiro), Dean Pequeno, Santa Uxía (avenida de Ferrol) e Polígono Industrial de Xarás. Para comunicar calquera incidencia ou solucionar dúbidas, a empresa facilita o seguinte número de contacto: 900 333 999.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.