A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Pobra reclama máis persoal médico e a recuperación das urxencias de tarde

28 Xuño 2026

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Pobra do Caramiñal fixo público un manifesto no que denuncia a situación que atravesa o centro de saúde da localidade e reclama á Xunta de Galicia medidas urxentes para garantir unha atención sanitaria de calidade.

No documento, o colectivo lembra que a sanidade é un dereito fundamental e subliña o papel esencial da Atención Primaria como porta de entrada ao sistema sanitario, advertindo de que o centro de saúde da Pobra non está a cumprir actualmente esa función debido á falta de profesionais.

Segundo explica a plataforma, das sete prazas de facultativos que tiña asignadas o consultorio, unha quedou vacante tras unha xubilación e nunca foi cuberta. Ademais, aseguran que nos últimos meses tampouco se cubriron de forma completa as seis restantes, chegando a haber períodos nos que só prestaban servizo tres médicos, o que provocou a saturación das consultas e un incremento dos tempos de espera para conseguir cita.

O manifesto tamén denuncia a supresión do servizo de urxencias en horario de tarde no centro de saúde da Pobra, unha situación que obriga á veciñanza a desprazarse ata Ribeira para recibir atención, incrementando a presión asistencial tanto no Punto de Atención Continuada (PAC) como no Hospital da Barbanza.

A plataforma lembra que leva meses mobilizándose para reclamar solucións, con concentracións semanais e a presentación de máis de 3.000 sinaturas ante a Xunta de Galicia. Ademais, sinala que recorreu á Valedora do Pobo, que, segundo indican, continúa á espera dunha resposta por parte da Administración autonómica.

O colectivo considera que a problemática non é exclusiva da Pobra do Caramiñal, senón que afecta a numerosos concellos galegos, e advirte de que a chegada do verán pode agravar a situación polo aumento da poboación en moitas comarcas e pola falta de reforzos previstos para cubrir as vacacións do persoal sanitario.

Por todo iso, a plataforma esixe á Consellería de Sanidade que dote o Centro de Saúde da Pobra do persoal médico que lle corresponde segundo a súa poboación, de maneira estable, para garantir unha atención de calidade. Tamén reclama a recuperación dun servizo de urxencias (PAC) a tempo completo no municipio e a incorporación de reforzos que permitan reducir as demoras nas citas de Atención Primaria.

Outros artigos

“Ídolos de barro”. Manuel Dominguez III

Simona de Beauvoir este abril 40 años de su muerte. La Beauvoir, símbolo de las feministas ortodoxas, de estas liberales de moqueta y salón, y su compañerío de vida, Jean Paul Sartre nunca estuvieron casados. Rechazaron activamente el matrimonio y la idea de formar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...