As Rías Baixas e a comarca de Santiago desfrutarán este sábado 27 dunha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia das altas presións favorecendo un tempo seco e agradable.
A primeira hora do día poderán formarse néboas e nubes baixas, especialmente en zonas do litoral e vales do interior, pero iranse disipando rapidamente, deixando paso a ceos pouco nubrados ou despexados durante a maior parte da xornada. Nas Rías Baixas espérase unha tarde soleada, mentres que en Santiago poderán aparecer algunhas nubes altas sen consecuencias.
As temperaturas mínimas apenas experimentarán cambios, mentres que as máximas subirán lixeiramente. Nas Rías Baixas os termómetros moveranse entre os 18 e os 20 graos de mínima e os 24-26 de máxima, mentres que en Santiago poderían alcanzar os 26 graos nas horas centrais do día.
O vento soprará do norte-nordés, frouxo no interior e con intervalos moderados no litoral atlántico, onde contribuirá a suavizar a sensación térmica.
Xa pola noite co acercamento da fronte pouco activdo teremosrisco de precipitacións febles no norte e oeste da provincia.
Domingo suba das temperaturas con nubes que irán desparecendo a medida que avance o día.

O noso mar: vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e variable á noite, forza 3 a 4 á mañá, 2 a 4 á tarde e 1 a 3 á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á noite e 0.5 a 1.5 metros á tarde.



