A Deputación financiará o 80 % da reforma e equipamento da sede da Asociación de Empresarios da Pobra

26 Xuño 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou a aprobación dunha achega de 24.000 euros por parte da Deputación da Coruña para financiar a recuperación e o equipamento da sede da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos da Pobra do Caramiñal. O investimento permitirá modernizar as instalacións e mellorar os servizos que a entidade presta ao tecido empresarial do municipio.

A concesión da subvención foi aprobada no pleno provincial celebrado este venres, 26 de xuño, e permitirá sufragar o 80 % dun proxecto cun orzamento total de 30.000 euros. O importe restante será asumido pola propia asociación.

Esta actuación é froito dunha reunión de traballo mantida entre o alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal; a concelleira de Relacións Institucionais, Patricia Lojo; e o presidente da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos da Pobra do Caramiñal, Fabri Vidal. Durante o encontro trasladouse á Deputación a necesidade de acondicionar a sede da entidade para adaptala ás demandas actuais do comercio e do empresariado local, unha proposta impulsada polo alcalde que resultou decisiva para a aprobación do convenio.

As obras permitirán reparar as humidades existentes, acondicionar e pintar o inmoble e transformar a sala principal nun espazo polivalente mediante a retirada das antigas butacas. Ademais, renovarase o mobiliario e incorporarase novo equipamento para a oficina e a aula de formación.

O proxecto contempla tamén unha importante mellora tecnolóxica coa adquisición de equipos informáticos, un proxector con pantalla para actividades formativas e unha fotocopiadora multifunción en rede, dotando á asociación de ferramentas máis modernas para o desenvolvemento da súa actividade.

O alcalde, José Carlos Vidal, agradeceu o respaldo da Deputación da Coruña e subliñou a importancia desta actuación para fortalecer o tecido económico local. “O comercio de proximidade e o tecido empresarial desempeñan un papel esencial no desenvolvemento económico da Pobra. Dispor dunhas instalacións renovadas e mellor equipadas permitirá á asociación ampliar os servizos que ofrece e seguir impulsando accións en beneficio do comercio e da actividade económica local”, destacou.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.