
O Festival Atlántica volverá converter a cidade da Coruña e boa parte do territorio coruñés nun dos grandes escenarios da narración oral en Galicia cunha programación que se estenderá por diferentes localidades da provincia e que consolida este territorio como un dos eixes centrais da décimo cuarta edición do festival. A cidade da Coruña será unha das primeiras paradas desta edición coa proposta familiar Historias de Bemol Pequeno, de Música Miúda, que terá lugar na Biblioteca Pública Miguel González Garcés nunha sesión especialmente pensada para público infantil e familiar.
Máis aló da cidade, o festival expandirá a súa programación por numerosos concellos da contorna e da provincia. Municipios como Ferrol e Cedeira acollerán propostas protagonizadas por Ana Carreira e Inacio Vilariño-Fantoches Baj, mentres localidades como Teo, Dodro, Brión e Outes volverán converterse en espazos de encontro arredor da palabra e da narración oral contemporánea.
A programación chegará tamén a outros puntos destacados do territorio coruñés como Vimianzo, Ribeira, A Pobra do Caramiñal ou Iria Flavia, onde o festival seguirá conectando oralidade, patrimonio, memoria colectiva e creación artística contemporánea.
Con esta ampla presenza na Coruña e na súa área de influencia, o Festival Atlántica reafirma unha das súas principais liñas de traballo: descentralizar a cultura, achegar os contos a públicos diversos e reivindicar a narración oral como unha parte esencial do patrimonio vivo de Galicia.
Nesta nova edición, Atlántica continúa tecendo unha gran rede cultural que transforma cidades, vilas e espazos patrimoniais en escenarios compartidos para a palabra e para a transmisión entre xeracións.
En Outes
O domingo 28 de xuño Celso F. Sanmartín achegará o espectáculo Contar no Náutico do Freixo a partir das 20.30 horas. Para público adulto e de balde.
En Padrón
O xoves 2 de xullo Vero Rilo e Ángeles Goás representarán Contos colorados no Museo Camilo José Cela de Iria Flavia, Padrón. Será de balde e para público adulto. A partir das 21.00 horas.
En Dodro
O venres 3 de xullo representarase Donas do lugar na Eira da Malla de Bexo, Dodro, a partir das 21.00 horas e da man de María de Pontragha. A partir das 21h. De balde e para público adulto.
Na Pobra
O venres 3 de xullo Irene Reina (Huelva) levará á Pobra do Caramiñal, aos xardíns do Pazo do Couto, a obra en castelán Raianas. Será a partir das 21.00 horas. De balde e para público adulto.
En Padrón
O venres 3 de xullo o Museo Camilo José Cela acollerá a función Hamelin de Fran Rei, para a rapazada a partir de catro anos. De balde e a partir das 11h.
En Ribeira
Antonio Fontinha (Portugal) e Esmeralda Folgado (Zamora) levarán a Ribeira o espectáculo Inequivocamente. Será ás 21.00 horas. De balde e para público adulto.
En Dodro
O sábado 4 de xullo Irene Reina (Huelva) levará a Dodro, ao Pozo do Conxeiro ou do Liño, en Eiró (Dodro), a obra en castelán Historias raianas. Será a partir das 21.00 horas. De balde e para público adulto.
Na Pobra
O sábado 4 de xullo o Convento de Santo Antón da Pobra do Caramiñal acolle o espectáculo Contiñas, a partir das 21h. De balde e para público adulto.
En Ribeira
O Lavadoiro de Penisqueira (Aguiño, Couso) será o escenario da función O que non estaba escrito, o sábado 4 de xullo a partir das 21h, a cargo de Carmen Conde. De balde e para público adulto.
En Outes
O domingo 5 de xullo a artista navarra Amaia Elizagoien levará a Outes, ao Espazo Museístico da Carpintaría de Ribeira en Broña, a peza Contos do Norte, a partir das 21h. Para público adulto e de balde.



