A Pobra reivindica o orgullo de ser con diversas accións pola diversidade

26 Xuño 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellería de Igualdade, desenvolverá ao longo desta semana diversas accións de sensibilización e visibilización con motivo da celebración do Orgullo LGTBIQ+.

Nas redes sociais municipais difundiranse as Palestras Diversas, un ciclo de encontros virtuais nos que especialistas e activistas abordarán cuestións relacionadas co deporte, a infancia e adolescencia, os medios de comunicación e a literatura desde a perspectiva da diversidade.

O compromiso do Concello tamén se fai visible nos espazos públicos coa colocación da bandeira LGTBIQ+ no balcón da Casa do Concello e dunha lona conmemorativa nos xardíns municipais baixo o lema A Pobra, orgullo de ser.

Ademais, instalarase unha mesa informativa na entrada da Casa do Concello os días 26 e 29 de xuño, onde se repartirá material divulgativo e de sensibilización, incluíndo unha guía de actuación ante casos de violencia, dípticos, pulseiras, chapas, pegatinas e outros recursos.

A programación completarase cunha nova incorporación de libros de temática LGTBIQ+ á Biblioteca Municipal, co obxectivo de fomentar a educación en valores, a empatía e o respecto a través da lectura. Entre os novos títulos figuran Vivan las uñas de coloresFora do normalFederico y sus familias e Comida familiar, entre outros.

Con estas accións, a Concellería de Igualdade continúa impulsando iniciativas para construír unha Pobra máis diversa, inclusiva e libre de discriminación.

Asimesmo, o Concello da Pobra do Caramiñal súmase un ano máis á campaña provincial Liberdade de ser e sentir!, impulsada pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña. No marco desta iniciativa difundiranse nas redes sociais municipais as Palestras Diversas, contribuíndo a achegar á veciñanza recursos e contidos de sensibilización sobre diversidade sexual e igualdade.

Outros artigos

A Casa RIA celebra en Santiago o seu segundo aniversario

A sede da Casa RIA en Santiago acolleu este 1 de xullo pola tarde a celebración do segundo aniversario da materialización desta sede na rúa Virxe da Cerca, sede da Fundación RIA: entidade envorcada en reivindicar a tradición arquitectónica, produtiva, social, cultural...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...