Boiro aproba definitivamente os seus Orzamentos e acorda solicitar ao ICIO unha bonificación para a residencia da terceira idade

26 Xuño 2026

O Concello de Boiro celebrou este xoves día 25 o seu pleno ordinario correspondente ao mes de xuño. A sesión contou cunha totalidade de 16 concelleiros e concelleiras, ao rexistrarse a ausencia dunha concelleira do PP. A sesión, que como de costume pode verse íntegra na canle municipal en Youtube, saldouse con importantes acordos, como a aprobación definitiva do Orzamento cos nove votos a favor do grupo de Goberno (PSOE) e os sete votos en contra da oposición. Como lembraremos, trátase dunhas contas que ascenden a máis de 19 millóns de euros.

Os Orzamentos inclúen entre outras cousas unha partida para pavimentados e arranxo de vías en varios lugares de todo o termo municipal; investimento na mellora da rede de saneamento e abastecemento municipal; unha partida para o arranxo de centros sociais; investimentos en mellora das infraestruturas deportivas; así como mellora de parques infantís entre outras.

Tamén saíu adiante a proposta para solicitar ao ICIO unha bonificación para a construción da residencia da terceira idade no Saltiño. Esta será a primeira residencia para persoas maiores do municipio. Trátase de AGADEA Hábitat: O Saltiño, un proxecto residencial de 39 prazas proxectado nun terreo de titularidade municipal, distribuído en andar baixo, primeiro e segundo andar e, en palabras das dúas entidades impulsoras do proxecto (Concello e AGADEA), “cunha localización privilexiada”.

Votacións da sesión

1. Aprobación da acta da sesión plenaria ordinaria do 28 de maio de 2026 – aprobación con 12 votos a favor (PSOE, BNG e Boiro Novo) e 4 abstencións (PP).

2. Aprobación definitiva do orzamento – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 7 votos en contra (PP, BNG e Boiro Novo).

3. Modificación de créditos: subvención nominativa AGADEA – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 3 abstencións (BNG e Boiro Novo). *os 4 concelleiros/as do PP ausentáronse durante a votación do punto.

4. Solicitude de bonificación do ICIO para a construción dunha residencia da 3ª idade no lugar do Saltiño – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 3 abstencións (BNG e Boiro Novo). *os catro concelleiros/as do PP ausentáronse durante a votación do punto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.