A Corporación Municipal de Boiro acorda nomear ao escritor Antón Riveiro Coello como fillo adoptivo do concello

25 Xuño 2026

A Corporación Municipal vai nomear ao xornalista a escritor Antón Riveiro Coello como fillo adoptivo do concello de Boiro. O nomeamento terá lugar nun pleno extraordinario que se vai celebrar o vindeiro sábado 27 de xuño ás 12.00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial de Boiro.

A proposta nace dos equipos de Dinamización da Lingua Galega do municipio debido á longa traxectoria do autor como un dos de mais prestixio da narrativa galega actual; polo seu compromiso coa lingua galega; a súa proxección literaria máis alá do ámbito galego a través da tradución dalgunhas das súas obras ao castelán, portugués, italiano e inglés; polo seu compromiso coa cultura da comarca do Barbanza; e, especialmente, pola súa contribución a proxectar a imaxe de Boiro cara o exterior.

Posteriormente ao pleno, na Casa Consistorial de Boiro, haberá un acto institucional no que representantes do alumnado dos centros educativos farán unha lectura de algúns textos do autor homenaxeado.

Antón Riveiro Coello súmase así a unha lista de persoeiros destacados do municipio na que tamén se atopan Raimundo García Domínguez “Borobó” como fillo adoptivo, e Ramón Martínez López como fillo predilecto.

Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) é un dos nomes destacados da literatura galega dos últimos anos. Articulista, poeta ocasional e escritor de relatos, é autor de novelas tan coñecidas como A quinta de Saler (finalista do Premio de Narrativa Torrente Ballester, 1999), Animalia (Premio Café Dublín, 1999), As rulas de Bakunin (Premio García Barros de Novela, 2000), Laura no deserto (Premio da Crítica Española, 2011) ou O paraíso dos inocentes (Premio Torrente Ballester, 2020), entre outras.

O escritor Antón Riveiro Coello está afincado no concello de Boiro, onde leva máis de dúas décadas residindo e traballando. Mantén dende os comezos da súa estadía no Barbanza unha intensa implicación na vida cultural da comarca, sendo ademais un dos membros destacados da Asociación Cultural Barbantia.

Outros artigos

A Casa RIA celebra en Santiago o seu segundo aniversario

A sede da Casa RIA en Santiago acolleu este 1 de xullo pola tarde a celebración do segundo aniversario da materialización desta sede na rúa Virxe da Cerca, sede da Fundación RIA: entidade envorcada en reivindicar a tradición arquitectónica, produtiva, social, cultural...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...