A escritora Helena Santolaya leva á Libraría ULA o seu espectáculo “Verbos irregulares”

23 Xuño 2026

ULA Libraría Social de Outes (rúa da Capela 11) vai dar acollida esta semana, o venres 26 de xuño a partir das 19.00 horas, á presentación da proposta artística Verbos irregulares da escritora Helena Santolaya: unha cita literaria, visual e lúdica que inclúe un breve espectáculo a cargo da autora.

Verbos irregulares é un proxecto artístico e poético concibido pola polifacética artista visual e escritora aragonesa Helena Santaolaya. Lonxe de ser unha lección de gramática tradicional, trátase dun xogo creativo que explora os límites do linguaxe, as palabras-obxecto e os libros-trasto.

O eixe principal desta proposta céntrase na idea de situar o verbo fóra do seu lugar habitual. A autora xoga cos conceptos lingüísticos para facer unha analoxía coa vida: os “verbos irregulares” son aqueles que non seguen a norma, igual que as persoas ou as situacións que escapan do control e da rutina

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.