A Estrada inaugurou este luns 22 de xuño a exposición Virxinia Pereira: Dez voltas na vida, unha mostra que achega á cidadanía o coñecemento sobre a vida e o legado dunha muller esencial na historia de Galicia. Na cita participaron (entre outras/os) o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e máis o rexedor de Rianxo, Julián Bustelo, quen acudiu como representante do concello orixinario do home de Virxinia Pereira: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
A exposición – deseñada por Editorial Galaxia co asesoramento da escritora Montse Fajardoxa – xa se pode ver no Concello da Estrada e chegará a Rianxo no mes de setembro.
Este é o primeiro proxecto que impulsan conxuntamente os Concellos de Rianxo e A Estrada, logo do irmandamento formalizado entre os dous municipios, un destino que é común, segundo salientaron os alcaldes no seu día, ao que compartiron Castelao e Virxinia.
A exposición na estrada ocupa estes días as prazas centrais da Alameda. A pé de rúa e aberta durante semanas, esta instalación permite que veciños e visitantes descubran de preto a figura de Virxinia Pereira, protagonista do Ano Cultural 2026 no concello estradense e peza fundamental na conservación do legado de Castelao.




