O Concello de Ribeira asiste á sinatura do convenio entre o Ateneo ribeirense e a Asociación de Amigos de Valle-Inclán de Vilanova de Arousa

20 Xuño 2026

A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, participou este sábado 20 de xuño na sinatura do convenio entre o Ateneo ribeirense e a Asociación de Amigos de Valle-Inclán de Vilanova de Arousa para impulsar conxuntamente actividades no eido cultural. O documento foi rubricado polo presidente do Ateneo, Ciprián Rivas, e do presidente da dita asociación, José María Paz.

Neste senso, posteriormente, tiveron lugar os primeiros actos ao abeiro deste acordo coa presentación do número 51 da revista Cuadrante -unha publicación con 26 anos de traxectoria- e do libro Los orígenes de Valle-Inclán. (Tierra, linaje y leyenda).

Durante a recepción, a edil destacou o establecemento de sinerxías como unha “valiosa ferramenta que nos permitirá coñecer máis sobre Valle-Inclán e a súa pegada en Ribeira como xa puidemos albiscar algo nas primeiras xornadas de historia do noso municipio”.

Outros artigos

A Casa RIA celebra en Santiago o seu segundo aniversario

A sede da Casa RIA en Santiago acolleu este 1 de xullo pola tarde a celebración do segundo aniversario da materialización desta sede na rúa Virxe da Cerca, sede da Fundación RIA: entidade envorcada en reivindicar a tradición arquitectónica, produtiva, social, cultural...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...