As Rías Baixas e Santiago gozarán dun sábado de tempo estable e temperaturas en lixeiro ascenso

19 Xuño 2026

As Rías Baixas e a comarca de Santiago vivirán este sábado unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, baixo a influencia das altas presións situadas nas Illas Británicas. A situación favorecerá un ambiente en xeral agradable, aínda que cunha primeira metade do día condicionada pola presenza de néboas e nubes baixas en diferentes puntos do litoral e do interior.

As brétemas matinais iranse disipando co avance das horas, deixando paso a ceos pouco anubrados ou despexados na maior parte do territorio. Nas Rías Baixas agárdase unha tarde soleada, mentres que na contorna de Santiago poderán aparecer algunhas nubes altas sen maior incidencia.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos respecto dos días anteriores, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso na metade occidental de Galicia, permitindo unha sensación máis agradable durante as horas centrais da xornada.(29 a 32 graos).

En canto ao vento, soprará do norte-nordés con intensidade frouxa en xeral, aínda que acadará intervalos moderados no litoral atlántico, especialmente nas zonas máis expostas das Rías Baixas.

meteogalicia

O noso mar; Vento do noroeste á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar rizado á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do oeste á mañá e noroeste á tarde e á noite, con ondas de 0 a 1 metros.

Outros artigos

“Ídolos de barro”. Manuel Dominguez III

Simona de Beauvoir este abril 40 años de su muerte. La Beauvoir, símbolo de las feministas ortodoxas, de estas liberales de moqueta y salón, y su compañerío de vida, Jean Paul Sartre nunca estuvieron casados. Rechazaron activamente el matrimonio y la idea de formar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...