A ARE fai un chamamento a todas as entidades e cidadáns de Rianxo para dar forma a un gran escaparate empresarial en liña

03 Xuño 2020

A Asociación Rianxeira de Empresarios vén de lanzar un comunicado sobre a situación actual da economía local e, tamén, sobre as cousas que se poden facer para evitar o peche de negocios e a perda de postos de traballo. A ARE lembra que nesta delicada situación, non está de máis relembrar o cometido inicial da asociación, cando foi creada en 1988: traballar xuntas e xuntos, as empresas, os autónomos, a veciñanza, o Concello e a ARE, polo desenvolvemento empresarial e económico. Isto vén a conto polo que consideran unha necesidade: crear unha gran plataforma web que visualice a economía rianxeira. Esta é a base do proxecto presentado a semana pasada en colaboración co Concello, o gran escaparate online empresarial rianxeiro, do que falamos en O Barbanza.

“A unión de todas e todos é agora máis necesaria ca nunca pra paliar os negativos efectos provocados pola crise sanitaria da COVID-19”, explica a asociación no comunicado, lembrando que apoiarán “calquera iniciativa destinada a fortalecer e favorecer o desenvolvemento da economía local como por exemplo a web Comercio Rianxeiro creada por Rianxo en Común ou a páxina de Facebook Somos Rianxo, na que se implicaron numerosos negocios rianxeiros, algúns socios da ARE e outros non”.

Segundo engade a asociación, o seu obxectivo é sumar as ditas contribucións, xuntar experiencias e crear, de maneira integral, unha ambiciosa plataforma online na que “todos os negocios rianxeiros poidades estar presentes e na que, a través dun marketplace, aqueles que o desexedes poidades vender os vosos produtos”.

A ARE está a traballar neste ingre no devandito proxecto, xunto co Concello de Rianxo, pero, advirten, é preciso contar con todo o mundo para acadar o mellor dos éxitos posíbeis: “Só coa vosa implicación poderemos realizar este proxecto”, polo que a entidade pide a máxima participación nas xuntanzas que se irán convocando en datas vindeiras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.