A ARE e o Concello de Rianxo crearán un gran escaparate online para as empresas locais

29 Maio 2020

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) e o Concello de Rianxo veñen de xuntar forzas para fortalecer o sector empresarial nestes tempos de desescalada e volta á actividade. Por este motivo, sentaron os alicerces dunha gran plataforma online que aglutine a todo o sector produtivo local e que sirva para promover e mostrar os seus produtos e servizos.

Será un escaparate dixital pero tamén un mercado en liña, un punto de venda e de distribución a domicilio en Rianxo e máis nos concellos próximos. Tamén se achegará a posibilidade de recoller encargos en puntos establecidos.

“Queremos que a plataforma sexa intuitiva e fácil de usar tanto polos usuarios como polos clientes e que poida usarse desde calquera medio electrónico”, explicaron o Concello e máis a ARE, poñendo o foco na gran complexidade do proxecto, pois haberá que “realizar un gran investimento inicial para crear a plataforma, para formar os vendedores que van operar nela e para posicionala visíbel nos buscadores e nas redes”, ao que hai engadir o mantemento no tempo, a actualización continua e a incorporación de novos contidos e melloras.

“Ámbalas entidades sabemos que a parte máis importante para que este proxecto triunfe é a implicación de todo o sector empresarial rianxeiro por iso os convidamos a todos a participar nas reunións virtuais que se van ir convocando a partires da vindeira semana”, engadiu a Asociación Rianxeira de Empresarios.

Outros artigos

O Araño acolle o 13 de marzo un obradoiro de primeiros auxilios

O Centro Cultural da Capela (A Araño) acolle o vindeiro venres 13 de marzo un obradoiro gratuíto sobre primeiros auxilios. Trátase dunha actividade formativa dirixida a toda a cidadanía en xeral e voluntarios de atención sociosanitaria. O obxectivo do obradoiro é...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.