O Concello de Ribeira resultou beneficiario dunha subvención da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade para o servizo de conciliación familiar cunha concesión de 55.000 euros. Esta achega servirá para contribuír ao financiamento dos obradoiros que brinda a Administración local á cidadanía en períodos
non lectivos para facilitar a compatibilidade da vida persoal e laboral das familias ribeirenses.
Con relación a isto, o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, explicou que “esta subvención axudaranos a sufragar parte do investimento que facemos dende o Concello de Ribeira para os programas Ribeira Concilia que sempre lanzamos en períodos no que a rapazada non ten clases para darlles así facilidades ás súas familias”.
De feito, na vindeira semana comezará unha nova edición focalizada no período estival que se estenderá ata o mes de setembro, antes do inicio do novo curso académico.




