O Ateneo de Ribeira acolle este sábado a presentación de “Los orígenes de Valle-Inclán”, de Francisco Xavier Charlín

17 Xuño 2026

O Ateneo de Ribeira (Bar Plaza) vai acoller este sábado 20 de xuño ás 13.00 horas a presentación do libro Los orígenes de Valle-Inclán (Tierra, linaje y leyenda), de Francisco Xavier Charlín Pérez.

O acto, de entrada libre, contará coa presenza do autor, que estará acompañado por José María Paz Gago, presidente da Asociación de Amigos Valle-Inclán, e Ciprián Rivas, presidente do Ateneo de Ribeira.

Durante o acto presentarase tamén o número 51 da revista Cuadrante.

Francisco Xavier Charlín Pérez (Vilanova de Arousa, 1963) é licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Estudos Literarios pola Universidade da Coruña, ademais de profesor no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña.

Director da revista Cuadrante, de estudos valleinclanianos e históricos, é coautor do libro El mundo de Valle-Inclán. Viaje a los orígenes (2008) e autor de El Pasajero. Cuaderno de viaje por El Salnés de Valle-Inclán (2016) e Cien almas antigas. Valle-Inclán, historia familiar y ecos literarios (2024).

Tamén publicou numerosos artigos sobre a xeografía literaria valleinclaniana, as orixes familiares do escritor e as relacións da súa vida e obra coa historia e a cultura de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.