En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

17 Xuño 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos “desfrutar dun verán diferente” ao tempo que desenvolven e sacan á luz o talento nas táboas que levan dentro. Haberá actividades de teatro, improvisación ou creación, entre outras. O campamento, que é gratuíto, desenvolverase en Rianxo do 2 ao 15 de xullo, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas, nas instalacións do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 26 de xuño ou ata completar as prazas dispoñíbeis. Máis información na web municipal do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión