Ambar organizou unhas xornadas de solo pélvico no Centro Recreativo de Artes

15 Xuño 2026


A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional estivo este luns 15 de xuño no Centro Recreativo de Artes de Ribeira impulsando unha xornada formativa sobre a importancia do solo pélvico. A actividade contou ca especialista María Martínez Paz e estivo dirixida a promover a saúde e o benestar das persoas no seu día a día.

O obxectivo principal deste encontro foi dotar ás persoas asistentes de ferramentas clave para conectar co seu propio corpo, aprender a escoitalo e previr doenzas comúns mediante hábitos saudables na súa rutina diaria.

A sesión formativa estivo impartida pola especialista María Martínez Paz, quen compartiu a súa experiencia profesional desde unha perspectiva próxima e accesíbel.

Desde a organización (a Asociación Ambar) trasladaron o seu máis sincero agradecemento, tanto á formadora polo seu labor divulgativo, como a todas as persoas que asistiron e participaron activamente no desenvolvemento da actividade.

Esta xornada formativa foi posíbel grazas ao apoio e financiamento institucional da Xunta de Galicia , a través da Consellería de Política Social e Igualdade , en conxunto cos Fondos Europeos da Unión Europea .

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.