Quince veciños de Ribeira producen a curtametraxe “Herdanzas cruzadas”

12 Xuño 2026


Un grupo de persoas asiduas participantes das accións do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira crearon a curtametraxe Herdanzas cruzadas que estrearon na tarde deste xoves 11 de xuño no Auditorio Municipal de Ribeira José Luís Fernández, Mª Carmen González, Pura Sampedro, José
Carlos Matilla, Rosa Mª Cañada, Teresa Alcalde, Elena Romero, Francisca Sanlés, Mª Zoila Rivas, Esther C. Diz, Mª Teresa Leis, Sonia Leborán, José Manuel Reiriz, Thalía Abuin e Francisco Sánchez son os veciños e veciñas que botaron a andar esta iniciativa audiovisual coa colaboración especial de Manolo Gómez, cineasta gañador de dous premios Goya coas películas de animación Soño dunha noite de San Xoán e O bosque animado.

A concelleira de Educación e Promoción da Lingua, Nucha Brión, asistiu á proxección e destacou o traballo deste grupo de veciños que “a raíz da súa participación nas distintas accións municipais de carácter cultural e que tamén se lanzan dende o Servizo de Normalización Lingüística, decidiron crear esta curtametraxe no seu tempo de lecer. O audiovisual tamén é unha boa ferramenta para seguir aprendendo en tódalas idades, así como promover o uso da
lingua galega”.

Alentounos tamén a seguir con este tipo de actividades. De feito, como eles mesmos anunciaron, xa están inmersos na creación da asociación Ribeira Films.

Esta peza de 30 minutos de duración plasma como a morte real dun home xa velado por erro desencadea, nunha vila galega, unha farsa escura onde o loito deixa ao descuberto a ambición, a corrupción e unha verdade imposible de soterrar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.