AMIPA impulsa o desfile “Camiñar sen límites” coa participación de once persoas con discapacidade intelectual

11 Xuño 2026

AMIPA, Asociación de nais e pais de persoas con discapacidade intelectual da comarca do Sar, celebrou o pasado venres 5 de xuño no auditorio da Fundación Rosalía de Castro o desfile de moda Camiñar sen límites, unha iniciativa na que participaron once persoas con discapacidade intelectual da comarca.

O acto reuniu familiares, persoas colaboradoras e representantes das entidades que contribuíron á organización dun proxecto que nace coa finalidade de ofrecer un espazo de participación e de visibilidade ás persoas con discapacidade intelectual a través dunha proposta vinculada á moda e á expresión persoal.

A directora-xerente de AMIPA, Begoña Suárez, foi a encargada de conducir o desfile e de presentar a cada unha das persoas participantes, poñendo en valor as súas capacidades, intereses e traxectorias persoais. Sobre a pasarela participaron Suso Romero, Laura Álvarez, Olga Bustelo , Juan Carlos Esparís, Mª Carmen Pan, Inés Varela, Ana María Martínez, Claudio Miguel Morgado, Lucía Esparís, Maruxa López e Teresa Cajaraville, procedentes dos concellos de Padrón, Rois, Dodro.

A primeira parte do desfile estivo dedicada á moda actual, con pezas cedidas polo establecemento Bianco, de Padrón, e complementos elaborados polos talleres de xoiería Sonia Ares e Aurifex. A continuación desenvolveuse un segundo bloque centrado na indumentaria tradicional galega, no que se exhibiron pezas cedidas por De Cotío, pola Asociación de Mulleres Rurais de Urdilde e por particulares que colaboraron na conservación e difusión do patrimonio téxtil galego. Os conxuntos completáronse con xoias artesanais de Sonia Ares e Aurifex e, nalgúns casos, con zocos elaborados pola artesá Elena Ferro.

AMIPA agradeceu tamén a colaboración do modelo profesional padronés Brais Reboredo, que participou na preparación previa das persoas que desfilaron, así como o traballo realizado por Silvia’s Look no peiteado e maquillaxe das e dos participantes.

O desfile concluíu coa saída conxunta das once persoas participantes, que recibiron o recoñecemento do público asistente. Desde a asociación destacan que esta primeira edición de Camiñar sen límites permitiu demostrar que as persoas con discapacidade intelectual poden ocupar espazos dos que tradicionalmente estiveron afastadas e converterse nas protagonistas dunha actividade aberta á participación e ao recoñecemento social.

AMIPA valorará agora a continuidade desta iniciativa e a posibilidade de desenvolver futuras edicións que amplíen a participación e permitan achegar esta experiencia ao conxunto da cidadanía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.