O Mimarte Fest recadará fondos en Ribeira a favor de Ambar o 26 de xuño

11 Xuño 2026

O Concello de Ribeira colabora cunha nova iniciativa a favor da asociación inclusiva Ambar, con sede no termo municipal. Trátase da terceira edición do Mimarte Fest que se desenvolverá no 26 de xuño, ás 20.00 horas, no novo Auditorio para recadar fondos para a rehabilitación das vivendas inclusivas de Ambar, promovendo así a autonomía e mellorando a calidade de vida das persoas con diversidade funcional.

“Cremos que esta é unha boa oportunidade para que o conxunto da cidadanía lle agradeza a Ambar todo o que levan feito por polas persoas con diversidade e as súas familias, asistindo a este festival benéfico, pois o recadado coa venda das entradas destinarase integramente a dita acción”, en palabras da segunda tenente de alcaldesa, Herminia Pouso.

Pola súa parte, a presidenta de Ambar, Milagros Rey, explicou que a Administración local boirense cedeulles as antigas vivendas dos mestres en praia Xardín; uns inmóbeis que agora hai que acondicionar e, por este motivo, destinarán aí os fondos acadados.

Tamén interveu a directora de Mimarte, Tania Fuegho, quen manifestou que, ano tras ano, este “soño feito realidade” foi in crescendo. Un cento de alumnos de Mimarte de distintas disciplinas, xunto a usuarios de Ambar, serán os que demostren no escenario o seu talento para desfrute do público asistente.

Finalmente, Sergio Pouso, usuario de Ambar e participante nesta iniciativa, trasladou a súa vocación de actor e cantante e, no 26 de xuño, será a primeira vez que se suba a un escenario para así “acadar tódolos soños”.

As entradas xa están esgotadas, se ben hai a opción de botar unha man á causa a través da Fila 0, realizando unha doazón por Bizum co código: 14265. Outra das accións a desenvolver para o mesmo fin é a duodécima edición da Carreira pola Diversidade, no 12 de xullo, na que solidariedade e deporte van da man.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.