A conmemoración da Traslatio volverá a partir do porto de Ribeira no 20 de xuño na súa cuadraxésima edición

09 Xuño 2026

Ribeira volverá acoller a Traslatio que conmemora a viaxe que fixo o corpo do Apóstolo Santiago dende Palestina ata a costa galega. A Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla seleccionou o municipio ribeirense para a cuadraxésima edición da conmemoración deste periplo que terá lugar no sábado, 20 de xuño, como anunciaron a concelleira de Turismo, Ana Barreiro, e o presidente da Fundación, Javier Sánchez-Agustino.

Para a edil, esta conmemoración tamén ten “un importante valor dende o punto de vista cultural, paisaxístico e medio ambiental pola riqueza da ría da Arousa e o seu vínculo coa tradición xacobea no traslado dos restos de Santiago por estas augas e subindo o río Ulla. De feito, este á unha variante do Camiño Portugués pola vía marítima e fluvial e son moitos os peregrinos que optan tamén por vivir esta experiencia”.

Barreiro tamén se referiu á “honra” de que Ribeira albergue novamente a conmemoración da Traslatio despois de 14 anos, pois “o noso concello sitúase na bocana da ría, nunha posición estratéxica, e poderemos vivir esta experiencia de maneira completa percorrendo todo o mar de Arousa e Ulla que conta co único vía crucis marítimo-fluvial integrado por 17 cruceiros, un deles en Ribeira, que é o de Bandourrío”.

Doutra banda, Sánchez-Agustino referiuse á Traslatio como “o primeiro dos Camiños. Sen o traslado dos restos, non hai fenómeno da peregrinación”, razón pola que a Fundación naceu en 1965 e á cal o Concello de Ribeira se adheriu no 1999. Agora, no 20 de xuño “teremos a oportunidade de repetir a singradura da barca apostólica” que contará con aproximadamente 500 peregrinos en diferentes embarcacións con saída das distintas localidades costeiras da ría.

O programa previsto para esta xornada inclúe un acto institucional na sala da lonxa ribeirense, ás 16.00 horas, para despois emprender dende o porto, ás 17.30 horas, a ruta marítimo-fluvial que remontará o río Ulla ata Padrón-Pontecesures onde, arredor das 19.30 horas, oficiarase a bendición dos barcos cun novo acto institucional para xa, sobre as 20.00 horas, emprender o regreso a Ribeira.

As persoas interesadas poderán retirar a súa entrada nominativa para subir ao catamarán a partir do luns, 15 de xuño, de 09.00 a 13.30 horas, na oficina de Turismo do Malecón.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.