A Aula CeMIT de Ribeira seguirá achegando formación en competencias dixitais durante o verán

08 Xuño 2026

A cidadanía de Ribeira poderá seguir mellorando as súas competencias dixitais cunha serie de cursos que ofrece a Aula CeMIT local orientados aos diferentes rangos de idade. O concelleiro de Innovación e Novas Tecnoloxías, Álex Vidal, explicou na presentación da axenda que “queremos que a Aula CeMIT goce de actividade tamén durante verán, continuando así co dinamismo que tivo nestes meses coas distintas accións formativas que desenvolvemos”.

Por iso, engadiu, “aproveitando o período de vacacións dos que desfrutará a cativada, achegamos este programa que tamén contribúe a favorecer a conciliación das familias durante a mañá ao mesmo tempo que os máis pequenos da casa aprenden a facer un uso responsábel das novas tecnoloxías”, sinalou, apuntando que “seguiremos apostando pola alfabetización dixital dos nosos maiores con cursos específicos para eles”.

Os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e 9 anos poderán participar en A patrulla tecnolóxica que se impartirá do 1 ao 31 de xullo e do 3 ao 28 de agosto, os luns, mércores e venres, de 09.30 a 11.00 horas.

Doutra banda, para a rapazada de 10 a 12 anos ofértase, neste mesmo período, Makers en acción-TICo, o Superheroe, de 11.30 a 13.00 horas. Tamén os maiores poderán asistir a esta última actividade. Para eles impartirase do 14 ao 31 de xullo, os martes, xoves e venres, de 11.30 a 13.00 horas; mentres que, do 4 ao 28 de agosto, levarase a cabo Makers en acción-O Hospital Tecnolóxico do Doutor CeMITo, nos mesmos días e horario antes indicado.

As inscricións son gratuítas e poden formalizarse na propia Aula CeMIT, no teléfono de contacto 981 876 043 ou no enderezo electrónico cemit.ribeira@xunta.gal.

Obradoiro sobre o impacto das redes sociais

A maiores, neste 11 de xuño celebrarase o obradoiro presencial Pantallas abertas: ciberseguridade sen filtros, dirixido a tódalas persoas interesadas en comprender mellor o impacto das redes sociais e da tecnoloxía na vida diaria. Para tal fin, proxectarase un documental e realizarase unha sesión formativa para afondar no tema. Será de 10.00 a 13.00 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas. As persoas interesadas en asistir poden anotarse en liña.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...