A xira de encontros veciñais do Concello de Boiro recala esta semana na parroquia do Castro con dúas sesións

08 Xuño 2026

Esta semana, o martes 9 e o mércores 10 proseguen os encontros veciñais Un café co alcalde do Concello de Boiro. Serán deste xeito dúas sesións na parroquia do Castro: unha o martes 9 de xuño ás 20.00 horas na unitaria do Esteiro, e a outra o mércores día 10 ás 20.00 horas no Centro Social de Cabo de Cruz.

O Castro será a penúltima parroquia que se visite no marco desta primeira volta de encontros coa veciñanza que teñen como finalidade que os veciños e veciñas de cada parroquia poidan poñer de manifesto as necesidades conxuntas de cada núcleo. Con estes encontros búscase ter un contacto máis directo coa cidadanía e dar a oportunidade á veciñanza de que trasladen as súas peticións e demandas sen necesidade de desprazarse ao Concello.

Estas reunións son un complemento das xuntanzas que o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e demais membros do Goberno manteñen semanalmente de xeito individual con veciños e entidades que así o solicitan.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...