En Ribeira, os fogares residentes na rúa Barbanza poden desfrutar xa da fibra óptica

05 Xuño 2026

O Concello de Ribeira interveu para que os residentes da rúa Barbanza poidan desfrutar xa de fibra óptica, dando así resposta a unha demanda veciñal.
Para que isto se materializara, o concelleiro de Innovación e Novas Tecnoloxías, Álex Vidal, explica que a Administración local “fixo as xestións pertinentes para que a empresa distribuidora da zona achegase este servizo a veciños e veciñas da rúa Barbanza, no centro da cidade; algo que levaba pendente, polo menos, dous anos. Agora xa poden navegar por Internet cunha mellor conexión e maior velocidade, tendo mellores garantías, especialmente, nun mundo
cada vez máis dixitalizado e no que hai xente que ten a opción de teletraballar, ademais da rapazada que ten moitos traballos que son por portais educativos”.

Continúase así coa folla de ruta marcada polo Concello de Ribeira para xestionar a chegada da fibra óptica a máis espazos do municipio, tanto da cidade como das parroquias, como xa sucedeu no lugar de Cobas, en Castiñeiras, meses atrás.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...