Un motorista resultou ferido con múltiples contusións e diversas fracturas nun accidente de tráfico ocorrido cara ás sete da tarde na estrada da localidade rianxeira de Taragoña. O accidente tivo lugar no núcleo de As Pedriñas e tivo lugar o ao chocar a moto cun turismo. Ao lugar do accidente acudiu a Policía Local de Rianxo, unha patrulla da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Rianxo, unha dotación do corpo de bombeiros de Boiro e a ambulancia do 061 no municipio. O ferido foi evacuado o centro Hospitalario.
Ata 300 rapaces e rapazas participarán este sábado 17 de outubro nunha nova edición de Gladiator Kids Rianxo
Rianxo acollerá o 17 de outubro unha nova edición da Gladiator Kids. Trátase dunha carreira de obstáculos de carácter lúdico, solidario e non competitivo dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Segundo fixo saber este xoves 15 a organización da proba (a firma...



