“Un xoieiro de Madrid será o encargado da taxación oficial das xoias localizadas no despacho de Zapatero”. Antón Luaces

04 Xuño 2026

Unha outra volta: o xuíz do caso “Plus Ultra” ven de ordenar a realización dunha taxación preliminar das xoias atopadas no rexistro levado a cabo no despacho do expresidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero por membros da UCO. O mesmo xuíz ordenou asimesmo á Policía a custodia das pezas nunha coñecida xoiería madrileña, que será quen se encargue da que vai ser a primeira análise das devanditas xoias. Esta análise será prelimjnar xa que logo existe a posibilidade de que se realice outra máis exhaustiva das pezas para, deste xeito, determinar a natureza, autenticidade e valor económico, fabricante e data aproximada de fabricación de todas e cada unha delas.

A xoiería ten asimesmo o encargo do xuíz Calama de proceder á análise de todas as perzas de Zapatero e a policía da UDEF de se encargar de que se cumpra a cadea se custodia. 

No despacho utilizado polo expresidente atopóuse unha caixa forte en cuxo interior había colares, pulseiras, pendentes, aneis, reloxos e discos duros. A secretaria de Rodrìguez Zapatero -Gertrudis Alcázar- presente durante o rexistro, afirmou á UDEF que as xoias eran unha herdanza de dona Sonsoles Espinosa a “regalos de viaxes”. Posteriormente, o entorno do expresidente explicou que se trataba dunha herdanza tanto da nai de Zapatero como da familia da súa dona, Sonsoles Espinosa, así como de viaxes e que a taxación feita por un  experto valorara as xoias entre 30.000 e 50.000 euros, xoias que algúns xornais reproducían días pasados en momentos nos que as lucía a nai política de Zapatero. 

Todos estes extremos poderán clarexarse como consecuencia da taxación encargada polo xuíz do casi e pór remate ás especulacións derivadas das actuacións da UDEF.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.