A Pobra acolleu a clausura da 2ª edición do programa “Que o ritmo non pare”

02 Xuño 2026

O programa Que o ritmo non pare, impulsado polo Centro de Día da Pobra do Caramiñal e desenvolvido coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal, celebrou a súa xornada de clausura tras varios meses de actividade na Escola Unitaria do Vilariño.

Dirixida a persoas maiores de 60 anos, esta iniciativa promoveu a práctica de exercicio físico a través da música e do baile, fomentando ao mesmo tempo a socialización, o benestar emocional e os hábitos de vida saudábeis.

O programa desenvolveuse entre os meses de outubro de 2025 e xuño de 2026. O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da concelleira de Promoción Económica e Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, quixo agradecer “a implicación das persoas participantes ao longo destes meses, así como o labor realizado polo persoal do Centro de Día da Pobra do Caramiñal para facer posíbel o desenvolvemento desta actividade”.

Desde o Concello tamén se destacou a boa acollida dunha proposta que permitiu crear un espazo de encontro, convivencia e actividade física, contribuíndo ao envellecemento activo e á mellora da calidade de vida das persoas participantes.

A xornada de clausura serviu para poñer o broche final a unha nova edición desta iniciativa, consolidada como unha actividade de referencia para as persoas maiores do municipio e como un exemplo de colaboración entre administracións en favor do benestar da veciñanza.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.