O Pazo de Goiáns acolleu este venres o III Certame de Regueifas no que participan os centros de ensino

29 Maio 2026

O Pazo de Goiáns acolleu este venres 29 de maio o III Certame de Regueifas organizado polo Concello de Boiro xunto cos equipos de Dinamización da Lingua Galega no que participan os centros de ensino de primaria e secundaria do municipio. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Ensino, Carmen Silva, participaron na apertura da xornada.

Durante o curso o alumnado dos centros de ensino participantes participou nuns obradoiros nos que tiveron a oportunidade de familiarizarse coa regueifa e practicar xogos de palabras. Tomaron parte activa neste certame o CEIP Santa Baia, IES A Cachaa, CEIP Santa María do Castro, CEIP de Escarabote, CEIP de Cespón, CEIP Praia Xardin, IES Praia Barraña e CEIP de Abanqueiro.

Cada centro preparou unhas coplas durante os obradoiros que este venres 29 de maio expuxeron sobre temáticas de actualidade e o municipio. Posteriormente tiveron lugar xogos de improvisación entre os presentadores e representantes dos distintos centros.

O Concello explicou que esta iniciativa ten como finalidade “dar a coñecer á rapazada a poesía oral improvisada en verso e a nosa tradición, explicando a historia regueifeira e outras expresión da improvisación que existen en Galicia”. Do mesmo xeito, preténdese “espertar no alumnado vocacións nesta práctica artística cun importante labor didáctico no contidos de materias como a lingua galega ou música”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.