“Un trebón de causas presiona ao Goberno socialista de Sánchez”. Antón Luaces

28 Maio 2026

Non veñen ben dadas, non. E o pior: sen solución de continuidade e co PNV -con votos decisivos para o labor gobernativo- facendo soar as campás que indican que, en Euskadi, dan por esgotado o ciclo de goberno de Pedro Sánchez, se ben este mantén firme o leme, decidido a esgotar os catro anos de mandado.

Desconcertados e inquedos os socialistas agardan saídas, solucións aos problemas surxidos durante un goberno prácticamente inmaculado ata que chegaron as denuncias xudiciais que para nada tiñan relación coas decisións gobernativas, en boa medida aplaudidas por boa parte dos propios e maiormente os estranos. 

Certo que os gobernos presididos por Pedro Sánchez levan un marchamo recoñecible de lonxe, especialmente fóra de España. Teñen ADN propio, unha marca de auga indeleble: sitúan ao país no máis alto para que unha considerable parte do mundo cualifique o feito como algo a imitar. Sen embargo a dereita e a dereita extrema de España sempre teñen a man a suficiente gasolina coa que queimar os mellores intentos de facer ben as cousas. É coma se naceran (PP, VOX e achegados) para tan só chufarse do seu porque un partido progresista non ten cabida na súa pradaría. Que traballo custa recoñecer que hai cousas que sendo iniciativa dos outros han ser rexeitadas!.

Con Santos Cerdán abríuse a veda da caza e esta segue con Rodríguez Zapatero, após Ábalos, o irmán e a muller de Pedro Sánchez, sendo este obviamente a caza maior de PP, VOX e compaña.

Por deixar nídiamente claro o asunto: son libre de me expresar porque non teño amarrallas políticas nen sindicais ás que me deba. Non calei cando, con Franco, estaría xustificado o uso do freo de man, e menos vou calar aos meus recén cumpridos 83 anos: a liberdade de opinión gañámola os españois co sangue dos nosos maiores, aos que me debo do mesmo xeito que me debo a os fillos, netos, amigos e compañeiros. Digo o que penso, sabendo que haberá quen me contradiga.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.