O alumnado do Cuarto Ciclo da USC do Campus de Lugo visitou o Museo Valle-Inclán

27 Maio 2026

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal recibiu este mércores 27 de maio a visita dun grupo do Cuarto Ciclo da USC – Campus de Lugo, formado por 25 persoas interesadas en coñecer de preto o perfil humano e a traxectoria artística de Valle-Inclán, así como a colección de fondos orixinais que conserva este centro museístico, institución valleinclaniana decana do país.

Saudadas á súa chegada polo alcalde, José Carlos Vidal Suárez, e a concelleira da cultura e de relacións institucionais, Patricia Lojo Nine, logo dun animado intercambio de pareceres e de seren convidados polas autoridades municipais a futuras viaxes nas que descubrir a riqueza paisaxística, natural, patrimonial e literaria que ofrece a localidade.

A visita á Torre dos Valle Bermúdez estivo guiada polo director da casa museo, Antonio González Millán, quen afondou na figura do escritor universal que motivou esta viaxe desde Lugo ata a ribeira norte da ría de Arousa. A xornada contou tamén coa participación da técnica do museo, Sara Barbazán Domínguez.

Durante o percorrido, o alumnado universitario sénior e a súa profesora de literatura galega compartiron coñecementos, curiosidades e reflexións arredor de Valle-Inclán e Josefina Blanco, nunha visita marcada polo interese cultural e o intercambio de experiencias.

Dada a elevada afluencia de grupos a este monumento-museo, tanto na modalidade de visita guiada breve (1 hora) como de visita comentada (2 horas), lembramos que as reservas poden realizarse no teléfono 981 831 662, no WhatsApp 681 173 484 ou no correo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal.

Máis información na web museovalleinclan.gal e nos perfís oficiais de Facebook e Instagram.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.