Compromiso acusa ao goberno de Outes de manter “paralizados” máis de 2 millóns en proxectos estruturais

26 Maio 2026

O grupo municipal de Compromiso Outes denunciou hoxe a “parálise total” do goberno local, que, segundo a formación, manteñen conxelados varios proxectos estruturais aprobados e financiados durante a anterior lexislatura.

A voceira Alba Quintela Vilariño sinalou que herdaron un concello con débeda cero e máis de 2 millóns en proxectos, pero que agora “hai un caixón cheo de proxectos esquecidos”. Entre os proxectos paralizados figuran a renovación do saneamento e abastecemento na Avenida de Fisterra (124.493,66 €), a pavimentación de accesos no Porto do Freixo (27.624,53 €), o acondicionamento da planta superior do colexio vello do Cruceiro de Roo (129.473,62 €) e diversas melloras en núcleos rurais que superan os 200.000 €.

Compromiso pide explicacións, que se aceleren os trámites e que o goberno informe ás parroquias. Ao peche non había resposta oficial do Concello.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.