O rianxeiro José Carou presenta na súa terra o libro “Ventre de madeira”, este venres 29 no Auditorio

26 Maio 2026

Este venres 29 de maio vaise presentar en Rianxo o libro Ventre de madeira do escritor rianxeiro José Carou, XXXI Premio de Novela Lueiro Rey. A cita será ás 20.30 horas no salón de actos do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Intervirán o propio autor acompañado de Isabel Santos, vicepresidenta da A.C. Barbantia, Margarita Fernández, tradutora e profesora, Sara Vila, de Edicións Xerais, e Julián Bustelo, alcalde de Rianxo.

Sinopse (ficha de Xerais)

Ás tres menos vinte da madrugada do xoves 11 de outubro de 1990 Filucha pousou a súa copa na barra dun local das aforas de Santiago e dixo que era mellor marchar porque había exame á segunda hora.

Xiao caía co sono e pasou a noite no meu cuarto, na miña cama.

Erguémonos ás oito e media e saímos os dous en dirección ao campus. A cidade notábase distinta, triste. Despois, na cafetaría da facultade, soubemos que houbera tres mortos e corenta e seis feridos na discoteca Clangor da Rocha, na periferia de Compostela. Entón lembrei que a primeira vez que me escondera na cabana de madeira tiña oito anos e miña nai acababa de morrer.

O narrador protagonista de Ventre de madeira acode ao arquivo da súa memoria e pon por escrito todas as responsabilidades e medos que o impregnan para crear unha novela refuxio, unha novela cabana que lle permita gorecerse da intemperie.

José Carou

José Carou Rey (Rianxo, 1969) é profesor de Filosofía no IES Camilo José Cela de Padrón. Publicou as novelas Desvelando a Ademar Escambia» (Premio Antón Avilés de Taramancos 2019), O bebedizo de Lúa (Premio Lueiro Rey 1997) e Ventre de madeira (Xerais, 2025; Premio Lueiro Rey 2024).

Tamén é autor dos poemarios Diorama (2022) e Hemisferio Auga (2021), así como de Relatos da incorrección (2021).

Escribiu crítica de cine e outras colaboracións ocasionais para distintos medios e recibiu diversos galardóns como o Premio Francisco Fernández del Riego, o Faustino Rey Romero, o Viadutos de Redondela ou o Premio Modesto R. Figueiredo, por Afán e infortunio dos días estragados (2018).

Saxofonista afeccionado, confórmase con pechar os ollos e escoitar a Coltrane para transcender o mundo feito exclusivamente de palabras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.