A Deputación inviste preto de 200.000 euros na mellora dos locais sociais de asociacións de veciños e mulleres do rural

21 Maio 2026

A Deputación da Coruña continúa fortalecendo o tecido asociativo da provincia coa aprobación da concesión de 199.825,84 euros en axudas para asociacións de veciños e de mulleres do rural. Esta liña de subvencións, destinada a investimentos de promoción económica e mellora de infraestruturas, beneficiará de xeito directo a un total de 39 entidades sen ánimo de lucro.

Segundo informou a Administración provincial, o obxectivo prioritario desta convocatoria é “apoiar ás entidades na renovación dos seus espazos comúns”, e grazas a estas achegas “as asociacións poderán acometer obras de illamento térmico, melloras de accesibilidade, reparación de cubertas, así como adquirir equipamento informático, tecnolóxico e mobiliario adaptado ás necesidades actuais da veciñanza”.

A deputada de Medio Rural, Cristina Capelán, destacou que estas axudas van máis alá do material, xa que “mellorar un local social, poñerlle calefacción, cambiar as fiestras ou equipalo con ordenadores é, en realidade, darlles á xente das nosas vilas e parroquias un lugar digno onde atoparse. As asociacións son o corazón do noso rural e os seus locais son espazos fundamentais para dinamizar a sociedade, ofrecer formación e, sobre todo, combater a soidade non desexada”.

Entre as actuacións financiadas destacan proxectos de gran calidade social, como o acondicionamento do Teleclube de Buño (Malpica) para convertelo nun centro de inclusión contra a soidade, o illamento térmico e climatización do novo local das Mulleres Rurais de Xesteda (Cerceda), ou diversas reformas de accesibilidade en centros veciñais de toda a provincia.

A continuación detállase a listaxe de asociacións que reciben o apoio provincial.

Eixe 1: Asociacións Veciñais

Asociación de Veciños de Santa María de Figueiras Nova Xeira – Investimentos de mobiliario – 3.276,00 €

A.VV. A Magdalena – Acondicionamento do local social da entidade – 4.000,00 €

A.VV. Barcarola de Catro Camiños de A Coruña – Equipamento técnico, audiovisual e mobiliario – 1.000,00 €

A.VV. Campeiras – Illamento de fachada, pintura e mellora de ventás e aleiro – 12.655,15 €

A.VV. Campo da Rula Sendelle-Boimorto – Investimentos en mobiliario, instalacións e informática – 1.584,00 €

A.VV. Casoliño Sta. María-Xaviña-Camariñas – Reforma do local e capela veciñal para accesibilidade – 8.500,00 €

A.VV. Coto da Nai San Martiño de Arins – Adaptación de baños a normativa e eficiencia enerxética – 2.859,08 €

A.VV. Fonte de Fornelos – Cerramento de soportal exterior e módulos para escenario – 2.844,95 €

A.VV. Parroquia Marrozos D. Fco. Gcia. Veiro-Stago. – Adecuación e pavimentación de espazo exterior cuberto – 7.279,38 €

A.VV. Pasarela – Compra dunha carpa de 10×25 metros para actividades – 8.500,00 €

A.VV. Río Lenguelle de Parada – Creación de espazo comunitario polivalente e almacén – 8.500,00 €

A.VV. San Cosme de Oleiros – Mobiliario para actividades ao aire libre e material informático – 1.906,18 €

A.VV. San Mamed de Monte o Outeiro – Investimentos en instalacións e reformas do local social – 2.340,59 €

A.VV. San Salvador de Padreiro – Acondicionamento exterior e creación de baños adaptados – 8.500,00 €

A.VV. San Salvador de Vións – Adquisición de mobiliario, electrodomésticos e material de hostalería – 2.312,75 €

A.VV. Sandra Prego Rial – Adquisición de equipamento para aula informática 4.0 – 1.101,60 €

A.VV. Santa María de Vilachá – Compra de mobiliario de cociña para cursos no local social – 1.083,37 €

A.VV. Santa Sabiña – Investimentos para o fomento da cultura e o deporte – 5.100,00 €

Asoc. de Vecinos de San Juan de Anceis – Acondicionar unha zona do local social – 1.000,00 €

Asoc. de Veciños San Xens de Entrecruces – Adquisición de equipos informáticos – 1.368,00 €

Asoc. Veciñal Xuvenil e Cultural de Arceo – Mobiliario urbán e equipamento para o local social – 1.332,00 €

Asociación de Vecinos Río Maruzo de Moar – Mobiliario do local social – 1.480,50 €

Asociación de Vecinos Río Samo – Construción de cuberta de pista multiusos (Fase III) – 8.500,00 €

Asociación de Vecinos San Pedro – Mellora da acústica e iluminación interior do local e a escola – 3.095,37 €

Asociación de Vecinos Valle de San Juan de Esmelle Ferrol – Renovación eléctrica e cambio a iluminación LED – 7.840,80 €

Asociación de Vecinos Zezar – Acondicionamento de almacén anexo e equipos informáticos – 2.475,00 €

Asociación de Veciños de Araño – Instalación dun parque biosaudable na parroquia – 3.240,00 €

Asociación de Veciños de Monzo – Mobiliario para o local social – 1.000,00 €

Asociación de Veciños de Saviña Santa María – Mellora do inmoble almacén social Xaviña – 11.000,00 €

Asociación de Veciños Teleclub de Liñaio – Equipamento para o local social de Liñaio – 4.124,88 €

Asociación Parroquial de Veciños San Xorxe de Vilarmaior – Adquisición de mobiliario e equipamento informático – 2.424,96 €

Asociación Vecinal e Cultural Mariano Ruiz – Adecuación do aparcamento – 5.100,00 €

Asociación Vecinal Social e Cultural Teleclub de Buño – Centro de inclusión para combater a soidade no medio rural – 12.000,00 €

Asociación Veciñal Cultural e Xuvenil Nosa Señora do Viso de Dombodán – Mobiliario e equipos de información – 3.924,00 €

Asociación Veciñal Deportiva Cultural e Recreativa de Castro e Laxe – Soporte tecnolóxico e de arquivo para actividades – 3.960,00 €

Sociedad Cementerio de Cabañas – Reparación de tellados nos panteóns – 5.100,00 €

Eixe 2: Asociacións de Mulleres

Asociación Cultural de Mulleres Rurais de Xesteda – Illamento térmico e climatización do novo local social – 25.600,00 €

Asociación de Mulleres Rurais A Xungueira das Encrobas – Acondicionamento do local social de Pontoxo – 9.598,92 €

Asociación de Mulleres Cabanas Rural – Axuda para investimento en material de fiado – 2.318,36 €

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...