“O camiño dos pactos en Andalucía obstaculiza a Núñez Feijoo o acceso á Moncloa”. Antón Luaces

18 Maio 2026

O expresidente da Xunta de Galicia e actual presidente nacional do Partido Popular, Alberto Núñez Feijoo, non atopa -polo de agora-o camiño que o conduza á vitoria nas vindeiras eleccións xerais. O PSOE mantén a súa caída libre, evidentemente; máis o PP está a pasar un duro viacrucis no pretendido camiño ao palacio da Moncloa, que non é o que tiña planeado e non  ven ser, verdadeiramente, porque non lle apeteza o cargo por máis que Feijoo tivese in mente trocar o colchón da cama ocupada actualmente polo matrimonio Sánchez Gómez.

É innegable que o Partido Popular superou en máis de 18 puntos ao PSOE nas recentes eleccións autonómicas de Andalucía, máis este resultado non amaña o camiño que desde a comunidade andaluza debería poder levalo -máis doadamente que agora- á periferia de Madrid. Porque o  problema radica neste momento na perda de cinco escanos e con dous menos dos necesarios en Andalucía para poder gobernar en solitario nesta comunidade e evitar deste xeito a dependencia de VOX. 

A perda da maioría absoluta debilita ao PP de cara ás eleccións xerais do vindeiro ano (se estas non se celebran antes do previsto). Ábrese polo tanto unha nova fenda, esta importante, no camiño deseñado para que Feijoo chegue á Moncloa e pon a proba a lendaria sona que Moreno Bonilla ten de moderación, obrigado como está a asumir un pacto que, tanto el coma Feijoo, rexeitaban.

Porque o ás que as elecións do domingo puña riba da mesa, nen moito menos se outorgaba a VOX, barallando como se barallaba unha maioría absoluta. Pero o resultado é distinto e inamovible. Tanto como, a priori, o son as posicións dos outros partidos polos que ninguén aposta a prol dun entendemento para formar goberno.

Ou é posíbel que goberne en solitario Moreno Bonilla?.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.