A II Andaina Solidaria Peñeira celebrarase o 31 de maio

18 Maio 2026

O Concello de Boiro colabora con Peñas Boiro AC no desenvolvemento da II Andaina Solidaria Peñeira que está prevista para o domingo 31 de maio en beneficio da asociación BarbanTEA, entidade do Barbanza centrada en impulsar a inclusión e o benestar das persoas con autismo e trastornos TEA. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou este luns 18 de maio na presentación xunto con David Laíño, presidente de Peñas Boiro AC; e Patricia Davila, presidenta de BarbanTEA.

Segundo indicaron, a andaina terá saída ás 10.00 horas da praza de Galicia e contará con dous percorridos distintos, un longo de 10 quilómetros e un máis curto de 5,5 quilómetros pensado para persoas que acoden con nenos pequenos ou carriños.

“A inscrición ten un custe de 7 euros que serán doados integramente á asociación BarbanTEA gracias a todos os colaboradores que financian a andaina”, afirmou David Laíño.

Patricia Davila, presidenta de BarbanTEA, agradeceu a Peñas Boiro “por contar coa asociación como beneficiaria desta andaina, non só pola importancia da doazón, senón tamén porque nos axuda a darlle visibilidade aos trastornos do espectro autista e á asociación”.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, animou á veciñanza a participar nesta “actividade que mestura deporte, cultura e solidariedade e que ten un fin moi importante, recadar fondos que van redundar en melloras para os rapaces e rapazas con TEA ou TDAH”.

Nos dous percorridos haberá puntos de avituallamento e ao remate, haberá animación musical na rúa peonil. As inscricións para participar están abertas e poden facerse en liña ou de xeito presencial na mesa que Peñas Boiro AC instalará na rúa peonil os días 20, 21, 27 e 28 de maio. Ademais haberá fila 0 para todas aquelas persoas que non poidan asistir pero queiran facer a súa doazón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...