Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial

16 Maio 2026

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial.

As actuacións que se están a levar a cabo na instalación deportiva buscan converter o terreo de xogo, formado de árido e con desniveis importantes, a un campo de fútbol de céspede artificial dunhas dimensións exteriores de 100 x 56 metros. Ademais do propio terreo de xogo vanse instalar parabalóns e as varandas laterais, así como a mellora dos accesos ao terreo de xogo.

Logo da nivelación do terreo de xogo, levouse a cabo a aplicación dun pavimento continuo a base de aglomerado asfáltico sobre a que posteriormente se disporá o céspede artificial.

As obras que se están a executar ascenden aos 673.325,59 euros e están financiadas mediante o Plan de Obras e Servizos (POS+ Concellos) da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.