A depuradora de Ribeira entre os centros de detección e control da covid-19

27 Maio 2020

A Xunta e as principais operadoras do sector da auga en Galicia colaboran na posta en marcha de sistemas para a detección e control da evolución do covid-19 nas augas residuais. Este foi un dos asuntos abordados na reunión que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo por videoconferencia, cos representantes das entidades que prestan os servizos de auga en Galicia, na que tamén participou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

Por unha banda, a través de Augas de Galicia, e en colaboración con cinco empresas do sector e coas universidades de Vigo e de Santiago de Compostela, respectivamente, a Xunta está a traballar en dous proxectos de investigación en oito depuradoras, que poderán ser ampliables a máis, coa toma de mostras que permiten a detección e control da evolución da pandemia a través das augas residuais. Un destes proxectos de investigación no que participa Augas de Galicia, a Universidade de Santiago e o hospital Álvaro Cunqueiro ten por obxecto estudar o impacto do covid-19 nas augas residuais e no medio receptor. Para iso, tomaranse mostras en distintos puntos da rede dos sistemas de depuración de Vigo, Ourense, Sanxenxo, Ribeira e Viveiro, contando coa colaboración das empresas concesionarias.

A análise desas mostras -remarca a Xunta nun comunicado- permitirá seguir a evolución epidemiolóxica e actuar como sistema de alerta temperá fronte ao virus. O segundo dos programas de detección e modelización levará a cabo entre Augas de Galicia, as empresas que prestan o servizo, a Universidade de Vigo e o CSIC en tres estaciones depuradoras que son xestionadas directamente pola Xunta: as depuradoras de Baiona, Nigrán e Cambados. Neste caso, a toma de mostras centraranse, principalmente, no punto de vertedura ao dominio público hidráulico. A estes estudos hai que sumar un terceiro que se está levando a cabo na depuradora da Coruña, na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR ) de Bens, no que colabora a Xunta a través do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e a universidade herculina. Estes estudos, subliña o Executivo autonómico, serán “unha ferramenta moi valiosa e útil” para facer seguimento da evolución do covid-19 e tamén para a detección temperá de posibles rebrotes. anticipación Na reunión coas operadoras dos servizos da auga, o titular do Goberno galego puxo en valor o labor da profesionais da auga, especialmente, durante a emerxencia sanitaria. Núñez Feijóo salientou “a anticipación, a previsión e a planificación” das empresas do sector para dotarse desde o primeiro momento de plans de continxencia que permitiron asegurar o seu funcionamento nestas circunstancias excepcionais. O sector adquiriu equipos de protección individual, acumulou remanentes de subministracións e mesmo organizou quendas de traballadores especializados. Isto fixo posible que os profesionais e as infraestruturas hidráulicas seguisen traballando para garantir a calidade das augas mentres a poboación galega quedaba confinada na casa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.