“Un golpe comercial pode por remate á guerra iranoestadounidense”. Antón Luaces

07 Maio 2026

Estaremos chegando ao remate da guerra entre Irán e Estados Unidos de América por unha vía que non sexa a da imposición polas partes contendentes de condicións para poder navegar seguros polo estreito de Ormuz?. De ser así, que papel podería xogar na adopción de medidas alleas aos seus intereses o goberno israelí?.

Hai unha vía alternativa á guerra Irán-EUA que beneficie a Oriente Medio como territorio subministrador de petróleo e gas, e a Occidente e China e outros países como receptores do combustible: a aposta polo coñecido como corredor Ro-Ro, unha solución que combina o transporte marítimo co terrestre para conectar o golfo de Ormuz e Europa sen necesidade de atravesar o estreito, formulación que modifica substancialmente a actual inestabilidade no devandito paso obrigado para a maior parte dos buques petroleiros de Occidente.

Europa e Exipto apostan actualmente por unha alternativa que evite este paso estratéxico, afectado polo conflito entre Irán e Estados Unidos. 

O descenso do tráfico marítimo e o encarecemento dos seguros transformaron esta ruta tradicional nun cú de botella cada vez máis problemático: baixa drásticamente o tránsito de buques ao tempo que se disparan os custes asociados do transporte; multiplícanse as primas de riscos de guerra e as empresas loxísticas reformulan as súas rutas. Mesmo chegan a recorrer, nalgúns casos, ao transporte aéreo.

Por este motivo aparece a aposta do denominado corredor Ro-Ro, a ruta que enlaza o porto exipcio de Dametta ao de Trieste (Italia), desde onde as mercadorías cruzan por estrada ata o mar Roxo para continuar cara a países coma Emiratos Árabes Unidos, Omán ou Catar. Un sistema que reduce os riscos derivados de toda a tensión xeopolítica e que gaña protagonismo entre exportadores, especialmente para mercadorías sensíbeis no tempo, desde a súa posta en marcha a finais de 2024.

Cunha capacidade actual de 420 camións semanais, o proxecto comeza a se consolidar coma unha alternativa real que, por certo, non é a única que se baralla: outros países estudan a posibilidade do uso de oleoductos ou novas rutas para evitar o estreito de Ormuz, opcións con límites de capacidade -segundo informacións publicadas- máis caras e que tamén representan riscos, polo que non resolven totalmente o problema.

Segundo opinións difundidas recentemente, a vía Ro-Ro non so da resposta a unha urxencia, se non que pode converterse nunha solución estábel a longo prazo.

Estaremos verdadeiramente nas portas da resolución do problema?.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...