“Que se salve quen poida” – José Manuel Pena

04 Maio 2026

A frase filosófica de Hobbes, “o home é un lobo para o home”, está cada día de máis actualidade ante as innumerables situacións e actitudes que se producen, acotío, nas nosas comunidades de veciños, barrios, pobos e cidades. Hobbes, sinalaba tamén entre outras cuestións que “o estado natural do home é a loita continua contra o seu próximo”.

Os sentimentos de desconfianza e os pensamentos negativos que moito persoas teñen sobre os demais semellantes están a converter á nosa sociedade, metaforicamente falando, nun verdadeiro “campo de batalla”, onde o máis forte trata de atrincheirarse e afastarse da realidade, creándose un mundo paralelo, fóra do cal todos os demais son os seus inimigos aos que hai que vencer, a calquera prezo e por calquera medio ao seu alcance. O fin xustiza os medios.

A empatía, a solidariedade, a complicidade, a boa fe …, entre outros, son valores trasnoitados para demasiadas persoas. O de que “se salve quen poida”, como modo de vida, impera en demasiadas familias, grupos empresariais ou colectivos sociais en xeral, convertendo ás boas persoas en seres humanos con algunha patoloxía ou simplemente como meras pezas de museo.

Todo pola familia; os trapos sucios lávanse en casa; o único que me importa son eu mesmo; quero ter e ter, amasar e amasar cantas máis cousas mellor; non me importa o mal que o está pasando o veciño, é o seu problema, son algúns pensamentos e a filosofía de vida de demasiadas persoas que non axudan a seguir construíndo un mundo moito máis humano, máis xusto, máis solidario e máis soportable para todos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...