A comarca entra na fase II da desescalada: mobilidade sen restricións, actividade cultural e posibilidade de bañarnos na praia

25 Maio 2020
PRAIA DAS CATEDRAIS

Este luns 25 de maio actívase a fase II do desconfinamento, unha novidade nas disposicións do Estado de Alarma que afecta aos concellos de máis de 10.000 habitantes e cunha densidade menor aos 100 habitantes por quilómetro cadrado, pero que, pola contra, non introduce novidades nos que teñen menos de 10.000 veciñas e veciños e cunha densidade menor aos 100, que xa desfrutaban deste alixeiramento das restricións. No caso dos concellos da nosa comarca, todos entran no novo treito da desescalada e todos están informar das grandes novidades que este pon en xogo. Por exemplo o de Rianxo, que publicou a relación das cousas que xa pode facer a cidadanía… pero con seguridade e sentidiño.

En concreto, todas as novas actividades que pasan ao cadro do “permitido” deberan facerse coas debidas garantías de protección e asegurando as distancias coas persoas coas que non se convive, evitando as aglomeracións.

Respecto as praias, ábrense ao baño (en grupos máximos de 15 persoas). No caso do concello de Rianxo, serán de acceso libre, con restricións de distanciamento, e controlarase o aforo mediante inspeccións periódicas. Cada concello dictará as normas nos seus areais.

Amais, poderanse facer xuntanzas de ata 25 persoas ao aire libre (15 en espazos pechados), darase servizo no interior dos establecementos hostaleiros (aforo do 40%, con servizo só nas mesas), e levantaranse as restricións horarias ao deporte. Polo que se refire ao culto e aos ritos relixiosos e funerarios, permitiranse velorios e comitivas funerarias de até 25 persoas, e misas con aforo ao 50%.

No que se refire á mobilidade, desaparecen como dixemos as franxas horarias para paseos e actividade deportiva, agás nos núcleos de máis de 10.000 habitantes, onde se mantén unha queda horaria reservada para as persoas de máis de 70 anos (na actualidade é de 10 a 12 e de 19 a 20, pero cada comunidade autónoma pode modificala lixeiramente).

No relativo ao comercio, poden abrir todos os establecementos comerciais e de servizos (ata agora só podían facelo os de menos de 400 metros cadrados). Con todo, non deberán superar o 40% do seu aforamento.

No ensino, permítese o regreso do alumnado ás aulas presenciais, pero só o de 2º de Bacharelato e o dos últimos cursos dos ciclos medios e superiores de FP.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.