“Prestamistas e usureiros” – José Manuel Pena

21 Abril 2026

Aproveitarse da boa fe das persoas que o están pasando mal e que non poden acudir a unha entidade financeira en busca de financiamento, poñendo como garantía a vivenda habitual é algo inhumano. Pois si, hai moitos personajillos usureiros, considerados como “prestamistas profesionais”, que se dedican a desposuír das súas vivendas habituais (xa pagas, libres de cargas ou procedentes de herdanzas) a un número importante de familias humildes do noso país, mediante adxudicación ou poxa xudiciais por falta de pagamentos dos préstamos persoais concedidos, en condicións abusivas.

O peor de todo non é unicamente a mala praxe destes personaxes, senón que sexa co beneplácito dalgúns notarios públicos que se prestan a rexistrar escrituras que vulneran a legalidade vixente. Sen esquecernos tampouco de que algúns tribunais de xustiza, principalmente algúns de primeira instancia, aínda lles dan a razón a estes “prestamistas usureiros”, a pesar do risco de que os prestatarios poidan perder as súas vivendas habituais.

Isto de gañarse o pan coa suor da túa fronte xa non está moi de moda, si en cambio coa suor do de en fronte. Para algúns, cada vez máis, o importante é estafar, especular e ser delincuente de luva branca sen importar, en absoluto, as consecuencias nin o dano que se lles ocasiona ás persoas e familias humildes.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.