“Expedito o estreito de Ormuz, Trump olla de esguello a Putin” – Antón Luaces

18 Abril 2026

Se a guerra en Oriente Medio atopara nos vindeiros días unha saída válida para considerar que era chegado o momento de asinar un acordo de paz entre as partes en conflito que chegara a acadar o cualificativo de “definitivo”, consideraría Donald Trump a posibilidade de recibir, por dereito de seu, o premio Nobel da Paz en 2027?. 

Coma ególatra que é, nada sorprendería. Mais coido que tal posibilidade está moi lonxe de se producir e que Trump deberá acariñar nos seus momentos de tranquilidade a copia que a candidata á presidencia de Venezuela tivo a ben doarlle para que deixara de laiarse por non posuír tal distinción.

Sexa como fose, o presidente ruso Vladimir Putin é, agora mesmo, unha figura na sombra que soubo xogar as súas cartas neste eterno desencontro no que Israel, da man de Netanyahu, levou a boa parte do mundo -nomeadamente a Europa, Oriente Medio e Estados Unidos de América- á que semellaba ser unha guerra moito máis ampla que a desenvolvida neste último período en Irán e Líbano.

Actualmente Teherán garante a plena apertura do estreito de Ormuz durante a tregua con Israel e mentres, EUA prolonga o bloqueo dos buques iranianos ata que se subscriba o acordo de paz. Ata tanto, Israel asegura que “manterá e seguirá a manter todos os territorios que liberen e ocupen”.

As tropas israelís permanecen na franxa de ata 10 quilómetros no sur do Líbano, onde estarán durante os 10 días de tregua e seguirán “eliminando a infraestrutura terrorista, incluíndo a destrución de vivendas”. Mentres, milleiros de persoas tentan regresar aos seus fogares no sur de Líbano, e España, xunto con Irlanda a Eslovenia, demandan da Unión Europea a revisión do acordo de asociación con Israel.

Consecuentemente con esta situación, o prezo do petróleo caeu un 10% por baixo dos 100 dólares o barril  e o gas baixou o seu arredor dun 8% á vez que repuntan os índices bolsistas europeos.  

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.