Adxudicada a remodelación da fachada litoral do paseo das Carolinas e a accesibilidade á praia de Coroso (Ribeira)

17 Abril 2026

O Concello de Ribeira avanza no seu Plan de Sustentabilidade Turística en Destino sacando coa adxudicación da remodelación da fachada litoral do paseo das Carolinas e a accesibilidade á praia de Coroso.

A finalidade desta intervención é articular a liña litoral cos corredores ecolóxicos fluviais, incrementar a permeabilidade cara o mar, así como acadar unha maior e mellor integración ambiental e paisaxística.

Construirase, polo tanto, unha rampla accesíbel para a praia, crearase unha nova zona deportiva (formada por unha pista e unha área de calistenia), substituiranse as varandas actuais por bancos continuos de pedra que permitan unha maior integración co entorno e a formación de novas zonas verdes.

O orzamento de licitación situouse nos 170.190,90 euros, IVE incluído, financiados a través dun convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribeira para a execución do PSTD no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) con fondos Next Generation. A empresa Transmaser Excavaciones, S.L. resultou a adxudicataria das cinco que concorreron ao proceso por contar coa mellor oferta por un importe de 155.791,90 euros, con impostos. O prazo de execución das obras será de mes e medio unha vez formalizado o contrato.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.