O número de vítimas mortais do coronavirus en Galicia elevouse a 613 tras a confirmación este sábado de tres novos falecidos nos hospitais galegos. O último caso foi o dun home de 86 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Santiago. Previamente, a Consellería de Sanidade confirmara o falecemento doutro home, de 79 anos e que ingresado no CHUAC; ademais dunha muller de 88 anos que permanecía no CHUO. Os tres presentaban patoloxías previas. O número de falecementos rexistrados en atención hospitalaria en Galicia elévase así a 481 en todo o territorio. Por áreas sanitarias, 128 producíronse na da Coruña, 102 na de Ourense, 92 na de Vigo, outras 87 na de Santiago, 30 na Ferrol, 26 na de Lugo (dúas delas en atención domiciliaria) e 16 na de Pontevedra. A estas cifras hai que sumarlles as 132 persoas que morreron dentro das residencias de maiores da comunidade, onde non se notificaron novas vítimas desde hai dúas semanas.
A Archidiócese de Santiago presenta o Ano Santo 2027 baixo o lema da alegría e a acollida cristiá
O mosteiro de San Martiño Pinario acolleu a presentación oficial do Ano Santo Compostelán 2027 nun acto presidido polo arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández. Baixo o lema bíblico «Ao ver a estrela, enchéronse de inmensa alegría»...



