“A dixitalización do sector do mar, pouco atractiva para as confrarías galegas” – Antón Luaces

16 Abril 2026

Só 8 das 63 confrarías de pescadores existentes en Galicia ven minimamente atractivo o proxecto estrela da Consellería de Pesca da Xunta  para a dixitalización do sector do mar. Unha acollida “mínima” como resposta deste sector, que evidencia, segundo o portavoz de Pesca do Grupo Socialista no parlamento galego, que tal proxecto non é máis ca unha “estratexia de propaganda da Consellería, sen base real”.

Na comparecencia de onte do director xeral de Pesca, o socialista Carlos López Font fixo fincapé  no pouco atractivo que o devandito proxecto resulta para os profesionais galegos da pesca, sinalando que o Xesmar non agrupa nen a un 12% dos pósitos da comunidade autónoma de Galicia.

Tampouco as mariscadoras deron unha boa acollida ao Xesmar, o que demostraría, segundo López Font o fracaso do goberno galego á hora de lle dar resposta ás necesidades do sector, o que confirma que responde a unha “estratexia de propaganda da Consellería sen base freal”. 

Reclamou o voceiro socialista unha dixitalización “xusta, gradual e con apoio público” que consolide este proceso coma motor de modernización, pero acompañado  de axudas para a transición dixital e adaptado ás  particularidades do sector artesanal, que non se debe ver prexudicado polo novo escenario”.

Para o portavoz do grupo socialista, cómpre defender a dixitalización como ferramenta para reforzar o liderádego do sector, xerar emprego cualificado e integrar novas tecnoloxías ao sector con plenas garantías  para aproveitar ao máximo os beneficios que pode aportar nomeadamente na innovación, a mellora da comercialización e o incremento da competitividade da pesca galega.

A Xunta salienta o impacto da dixitalización no pulo da competitividade do sector pesqueiro e afirma que máis de 8.000 usuarios empregan Trazamar, a ferramenta que mellora a xestión e o control dos produtos pesqueiros e que conta con máis de 46.000 accesos.

O director xeral de Pesca, Isaac Rosón mencionou un plan de 25 millóns de euros a curto prazo para mitigar o impacto da incertidume xeopolítica e o aumento dos custos enerxéticos. 

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.