O PSOE de Ribeira esixe máis seguridade tras o grave suceso no porto

15 Abril 2026

O PSOE de Ribeira esixiu ao Concello a adopción de medidas “urxentes e contundentes” en materia de seguridade tras o grave suceso rexistrado no porto de Ribeira, onde apareceu un cadáver esposado a unha escaleira, nun caso que os socialistas cualifican de “moi preocupante”.

Nun comunicado, o grupo municipal denuncia unha “escalada de delitos” nos últimos meses e considera que este episodio supón un punto de inflexión na situación de inseguridade que, segundo afirman, vive o municipio. “Estamos ante feitos máis propios de mafias que dunha cidade como Ribeira”, sinalan.

Desde o PSOE critican a actitude do goberno local e instan á alcaldesa a actuar con decisión para garantir a seguridade cidadá. “Xa lle demos tempo suficiente e non está facendo nada. Os veciños teñen dereito a vivir tranquilos”, apuntan.

Os socialistas sosteñen que este suceso non é illado e alertan dun aumento de delitos como roubos con violencia, danos en vehículos, agresións ou incidentes na vía pública, o que está a xerar unha crecente preocupación entre a veciñanza.

Entre as medidas propostas, reclaman o reforzo inmediato da Policía Local, tanto en medios materiais como humanos, así como unha maior formación para facer fronte a delitos cada vez máis complexos. Tamén solicitan á Xunta de Galicia que incremente a vixilancia no porto, un espazo que consideran especialmente vulnerable.

Neste sentido, denuncian a falta de control no recinto portuario, onde aseguran que as cámaras de videovixilancia levan anos sen funcionar e existe unha escasa presenza policial. Por iso, instan á alcaldesa a convocar con urxencia unha reunión con Portos de Galicia para esixir a reactivación inmediata destes sistemas de seguridade.

Ademais, o grupo socialista pide ao Goberno central que incremente os efectivos das forzas e corpos de seguridade do Estado na localidade, especialmente da Policía Nacional, co obxectivo de mellorar a capacidade de resposta ante o aumento da delincuencia.

“O que está a ocorrer é inaceptable. Ribeira non pode permitirse esta situación e precisa menos fotos e máis accións reais”, conclúen desde o PSOE local.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...